jueves, 18 de junio de 2020
CONTO: O GLOBIÑO VERMELLO
Neste último xoves lectivo do curso quero presentarvos un conto que a min persoalmente me encanta! É da editorial KALANDRAKA e revolucionou o panorama da literatura
infantil pola súa atractiva e novidosa proposta gráfica. Un conto sen
texto que destaca polo seu deseño minimalista e depurado. Co paso de cada
páxina apreciase o proceso de metamorfose de un globo en diversos obxectos cos
que garda semellanza: mazá, bolboreta, flor,…
miércoles, 17 de junio de 2020
martes, 16 de junio de 2020
lunes, 15 de junio de 2020
PRIMAVERA
Sabedes que vai ocorrer o vindeiro sábado 20 de xuño?
Pois que remata a primavera e coa súa despedida damos paso ao VERÁN! Unha estación que normalmente se caracteriza polo bo tempo e as vacacións e da que espero que disfrutedes moitísimo. Pois como esta primavera foi un pouco atípica e non tivemos moito tempo de falar de ela no cole, déixovos unhas pequenas actividades para que a despidamos de cara o vindeiro curso. 😘
sábado, 13 de junio de 2020
MASCOTAS_3
Inda que ben podería parecer o título dunha película, "Mascotas 3" é unha nova entrega dos vosos animaliños de compañía. Animais especiais que precisan de coidados e mimos que, de seguro, non lles faltará ao voso carón.
Hoxe imos coñecer unha gran variedade de animais: Gatiños, un can, unha tartaruga, un peixe "que vive en la piña debajo del mar..."(adiviñades como se chama?), paxariños e... ata un cabrito! Pero esto non remata aquí, próximamente achegareivos unha nova entrega de "Mascotas 4".
Que contenta estou de tervos sempre aí!





viernes, 12 de junio de 2020
jueves, 11 de junio de 2020
Xoves... CONTO!!
Bos días a todos e todas, como cada xoves comparto con vós unha pequena historia; neste caso é un breve relato destinado ao público infantil máis miúdo pero que adoita gustar a tódalas idades. Ademais de traballar as principais nocións espaciais, ao incoporarlle unha base rítmica capta máis a atención dos nosos pequenos e pequenas e promove o seu gusto pola literatura. Para contar contos é importante crear un clima especial e buscar tamén lugares especiais. O lugar de hoxe, é un de esos montes que nos rodean e que nos ofrecen unhas vistas das nosas rías espectaculares, neste caso, é o monte de San Lois, unha paraxe que non precisa de ningún tipo de filtro porque por el só desprende unha maxia especial.
Atopástedes a Nora no vídeo? Seguro que sí!!!
Pois, a continuación, déixovos a imaxe dos dous piñeiros para que vós debuxedes os elementos que faltan:
miércoles, 10 de junio de 2020
martes, 9 de junio de 2020
domingo, 7 de junio de 2020
AS NOSAS MASCOTAS_2


Pois Carlos Jesús, Ibai e Mauro tamén nos queren presentar as súas:



Pero non pensedes que Héctor tan só ten a Pompón, a súa casa parece un zoolóxico!! Eu quedei impresionada!! E, coma sempre, volos vai presentar de marabilla tamén a todos vós a través de este vídeo:
Que animais máis fermosos tendes!!!
Grazas por compartilos con nós!!
Pois para aqueles que teñades mascotas ou para quen queira facer unha actividade dalgún animal que lle guste ou algunha mascota dalgún amigo ou familiar, déixovos unha pequena tarefa que fomentará o desenrolo de diferentes áreas de aprendizaxe:
viernes, 5 de junio de 2020
jueves, 4 de junio de 2020
miércoles, 3 de junio de 2020
martes, 2 de junio de 2020
lunes, 1 de junio de 2020
Os Bolechas _ Xogo de memoria
Como andades de memoria? Despois da fin de semana propóñovos facer unha proba ben divertida co Xogo de Memoria dos Bolechas! 
Levanta as cartas por parellas e recorda que personaxe hai en cada unha. Cando saibas onde hai dúas iguais levántaas e quedarán para arriba. O xogo remata cando estean todas boca arriba. Hai 3 niveis de dificultade e o tempo conta
AS NOSAS MASCOTAS
Sabedes quen son Dana e Pompón?
Serán os nomes duns bonecos? Serán uns personaxes de contos? Ou será o nome dalgunha serie de debuxos animados? Pois podería ser calquera de estas opcións,... Pero NON! Dana é a cadeliña de Inés, que de seguro paseou un montón neste confinamento:
E Pompón é o coelliño de Héctor que tan ben volo presenta neste vídeo:
Encantaríanos coñecer as vosas mascotas! Podedes presentárnolas a través de algunha FOTO ou VÍDE0. Así poñémoslle cariña a eses animaliños dos que tanto me falabades cando estabamos no cole!
domingo, 31 de mayo de 2020
DES-Confinando
Hoxe non toca compartir nada de traballo porque o domingo sempre foi día de descanso. Pero sí que é un momento máis que ideal para compartir con todos vós algunhas das marabillosas fotos que me mandades e que tanto me gustan. Espero seguir recibíndoas!
Espero que vos atopedes ben e mil grazas a tod@s por estar en todo momento aí!
viernes, 29 de mayo de 2020
jueves, 28 de mayo de 2020
CONTO: O pirata Pata de Lata
Os xogos de búsqueda do tesouro, gustan a pequenos e grandes; así que aquí vos deixo unha actividade moi entretida para pasar un bo rato na casa. Pero, mellor gardala para un día de chuvia e, agora que se pode, aproveitar para buscar tesouros nas rúas, praias e campos; pero sempre con moito sentidiño para recuperar pronto a normalidade e poder estar outra vez todos xunt@s! 😘
ACTIVIDADE
miércoles, 27 de mayo de 2020
martes, 26 de mayo de 2020
lunes, 25 de mayo de 2020
ALEXIA: As fases da Lúa
A Alexia debeulle gustar tanto o conto de Lúa que decidiu averiguar cales son as súas fases e o porqué das variacións no seu tamaño. Peppa Pig fixo que se despistase un pouco coa lúa crecente e minguante, pero agora xa o ten clarísimo 😂😂😂!
Queredes ver que traballo tan bonito fixo para explicárvolas?
Pois aí vai!!
Moitas grazas Alexia!!!
AUDICIÓN E LINGUAXE
A mestra Alba de Audición e Linguaxe do noso colexio propónvos unha serie de recursos que propiciarán a estimulación da linguaxe. É unha orientación para todo o alumnado de Educación Infantil, polo cal non todo se adaptará aos nosos nenos e nenas de 3 anos. Botádelle un ollo e elexide aquilo que máis vos conveña!
Este primeiro lugar, podedes atopar unha canle de youtube da mestra de Audición e Linguaxe, Eugenia Romero. Nel poderedes atopar vídeos para a correcta pronunciación de determinados fonemas, como por exemplo o /r/; xogos de adiviñar sons ou ordenar letras nunha palabra.
Este primeiro lugar, podedes atopar unha canle de youtube da mestra de Audición e Linguaxe, Eugenia Romero. Nel poderedes atopar vídeos para a correcta pronunciación de determinados fonemas, como por exemplo o /r/; xogos de adiviñar sons ou ordenar letras nunha palabra.
Tamén vos recomenda dous xogos:
O primeiro é de dados fonéticos para que os nenos e nenas xoguen e practiquen os sons, sobre todo /r/ e /s/.
O segundo é como o "dobble" pero con debuxos de dinosauros. Nel traballamos vocabulario, atención e percepción.
E finalmente, mándavos un documento que ten exercicios moi completos de soplo, praxias, etc.
Na web do colexio, o Departamento de Orientación tamén dispón de documentos e xogos que poden ser do voso interese. Grazas
viernes, 22 de mayo de 2020
jueves, 21 de mayo de 2020
CONTO: A VACA QUE SUBIU A UNHA ÁRBORE
Seguindo a iniciativa da biblioteca do noso cole, os xoves ímolos adicar aos contos.
Hoxe os nosos protagonistas son Antón e o seu irmán Martiño.
Mirade que bo equipo fan contándonos esta fermosa historia!
Fantástico chicos, moitas grazas por compartilo con nós!
miércoles, 20 de mayo de 2020
lunes, 18 de mayo de 2020
FORMAS XEOMÉTRICAS

Os nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida son verdadeiras esponxas de aprendizaxe. Hai algunhas cousas que lles custan máis que outras, pero polo xeral coa axuda de xogos, vídeos e cancións vailles resultar moito máis fácil aprendelas. as figuras xeométricas adoitan estar moi unidas á nosa vida cotiá e o seu aprendizaxe vai axudar moito ao pensamento lóxico-matemático; por iso, hoxe vouvos explicar algunhas actividades que vos axudarán a ensinarlles aos nenos e nenas as diferentes formas xeométricas.
Reconstrución de figuras a través das diferentes formas.
Coñecido dentro de este apartado está o Tangram. E nesta liña gustaríame presentarvos un xogo que nós empregamos moito na casa e que nestas idades adoita gustar moito. De esta maneira, non só aprenderán as figuras matemáticas, senón que tamén fomentará o pensamento creativo e a coordinación óculo-manual.
Este tipo de xogo pódese facer tamén recortando as formas en cartóns ou cartolinas de cores e que eles deixen voar a súa imaxinación creando diferentes figuras.
Este tipo de xogo pódese facer tamén recortando as formas en cartóns ou cartolinas de cores e que eles deixen voar a súa imaxinación creando diferentes figuras.
Xogos interactivos
Na Internet podemos atopar multitude de xogos interactivos con figuras xeométricas. Aos nenos e nenas de hoxe en día encántalles xogar coas novas tecnoloxías, por iso empregar unha tablet ou ordenador (sempre con sentidiño) pode ser un moi bo recurso para motivar aos máis pequenos. Un xogo fácil e divertido á vez pode ser juego Ara y Belbo: figuras geométricas. Aquí atoparemos un trasniño nunha habitación escondido detrás de unhas formas xeométricas. Os nenós terán que arrastrar as formas ata as súas siluetas correspondentes. Así os nenos e nenas desenvolverán a percepción visual e a organización espacial.
Cancións e vídeos infantiles
Como ben sabemos, os nenos e nenas aprenden moito máis rápido coa música. Cancións e vídeos que expliquen as formas xeométricas con rimas e ritmo, propiciarán o seu aprendizaxe. Déixovos unha canción sinxela das principais formas e un vídeo de Pocoyo, que me gusta moito porque traballa as formas na liña do xogo que vos presentei anteriormente.
Actividades plásticas
Unha vez que os nenos e nenas recoñezan as diferentes formas xeométricas, tamén é importante que as plasmen en papel ou calquera outra superficie. Para esto poderase empregar multitude de materiais: con plastilina, rotuladores, pinturas, materiais de refugallo,...
Aparte de todas estas actividades, tamén vos irei deixando no blog un material de reforzo das principais formas a traballar en 3 anos: círculo, cadrado, triángulo e rectángulo.
Bicos para tod@s, de tódalas formas e cores! 😘
domingo, 17 de mayo de 2020
Conto dos Bolechas - Ricardo Carvalho Calero
HOXE FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Ben sabemos que non será coma outros anos, por iso Política Lingüística decidiu ofrecer o libro dos Bolechas adicado a Carvalho Calero en formato dixital, para que as galegas e galegos do mundo enteiro poidan coñecer o autor homenaxeado este ano. Tédelo xa dispoñible no Portal da Lingua Galega
https://bit.ly/2WUetAS
lunes, 11 de mayo de 2020
SEMANA DAS LETRAS
Pois agora que as mamis e os papis xa sabemos máis... é a quenda dos máis pequen@s. Esta semana, festexaremos a Semana das Letras, e, para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero, cada día deixareivos unha actividade, na que ademais de traballar outros conceptos, coñecerán un pouco máis da vida de este autor. A través do enlace podedes atopar toda a programación semanal!
Se queredes podedes facer un pouco de trampas e saltar ata o venres, alí atoparedes actividades súper divertidas clasificadas por idades. Sabedes que me encanta vervos inda que sexa na distancia, así que esta semana podedes aproveitar para mandarme algunha foto co voso conto favorito, algunha actividade de este autor ou simplemente co voso mellor SORRISO! 😊
sábado, 9 de mayo de 2020
LETRAS GALEGAS 2020
O vindeiro domingo 17 de maio, festexarase o Día das Letras Galegas con homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO. A pesares do confinamento non podemos esquencer este día clave para as nosas letras e para a nosa cultura. Por iso, preséntovos esta actividade de SCAPE ROOM sobre O Misterio da Casa de Ricardo Carvalho Calero elaborado por compañeiras do CPI de Vedra. Esta actividade non vai dirixida aos máis pequerrech@s da casa senón aos máis maiores. Actividade moi entretida e que nos axudará a saber algo máis do autor homenaxeado. Seredes capaces de chegar ao remate??? Xa me contaredes! 😘😘 E apuntade os números, non fagades coma min! 🙈
jueves, 7 de mayo de 2020
XOGOS EN LIÑA
Sabedes que día é hoxe? VENRES!!!
(inda que xa todos nos parezan iguais 🙆!).
Para rematar a semana propóñovos unha páxina onde podedes atopar variedade de xogos en liña. Espero que aprendades moito xogando e que vos divirtades un montónnnnnn!!
IMAXINACIÓN FRONTE O COVID-19_Parte III
Disfrutando das pequenas cousas da vida,
porque un día daranse conta de que eran verdadeiramente
GRANDES!!!
miércoles, 6 de mayo de 2020
LECTO-ESCRITURA _ Letra U
Os mércores ímolos adicar á lecto-escritura e ireille presentando aos nenos e nenas as vogais a través de contos e cancións. Ademais incorporarei un par de páxinas con actividades. Insisto en que son VOLUNTARIAS, e están aí para que botedes man delas sempre e cando queirades!
O REI "U"
martes, 5 de mayo de 2020
A IMPORTANCIA DO AGARRE DE PINZA
Sodes moitas nais e pais os que me preguntades cando un
neno ou nena debe coller ben o lapis.
IMOS ALÁ!
Pois ben, en primeiro lugar, debemos recordar que cada
individuo é único; polo tanto, ten os seus propios tempos de evolución e estes
deben ser respectados.
Hai nen@s que teñen un mal agarre ou que cando pintan o
fan moi floxiño, sen apenas forza. Fortalecer a musculatura das súas mans vai
axudar a un posterior aprendizaxe da escritura, cando teñan que aprender a
facer trazos determinados e mais precisos.
Que podemos facer para axudalos a mellorar o agarre de pinza?
Antes de nada,
debemos traballar a motricidade fina do neno ou nena.
lunes, 4 de mayo de 2020
domingo, 3 de mayo de 2020
DÍA DA NAI
Charo, Verónica, Ángela, Rebeca, Estefanía, Laura, Berta, Chantal, Yeray, Elena, Lorena, Marina, Cristina, Chus, Genma, Eva, Ana Belén, Carmen, Loli, Bea, Begoña,...
Esta situación non me vai impedir dicir alto e claro o moito que valedes e que sodes un dos pilares fundamentais para afrontar esta situación. Espero que os meus pequen@s non me fallen e vos demostren hoxe e sempre o moito que vos queren! Feliz día!
sábado, 2 de mayo de 2020
viernes, 1 de mayo de 2020
OS MAIOS
Levántate maio
que tanto durmiches,
xa pasou o inverno
que tanto durmiches,
xa pasou o inverno
e non o sentiches.
Durante o 1 de maio en Galicia as portas das casas, os animais, apeiros de labranza, coches,... aderézanse cunha ramiña de xesta para anunciar a chegada do bo tempo e, a súa vez, a modo de protección contra o mal de ollo e para afastar as influencias negativas. A ver se tamén nos axudan a que este virus se arrede o máis posible de nós.
A "Festa do Maio" representa o comezo do bo tempo e represéntase a través de diferentes estructuras que exaltan a natureza e a primavera.
“Os Maios” máis famosos son os que se festexan nas provincias de Pontevedra e Ourense. Inda que polo que podedes ver en Rianxo tamén se poden celebrar os Maios facendo colares preciosos. Moitas gracias Alexia por compartir esta bonita actividade con nós! Chic@s espero os vosos bonitos colares unha vez o tempo mellore e podamos ir a recoller flores! Un biquiño moi grande e que maio nos permita saír máis e gozar dos nosos e do noso entorno.
jueves, 30 de abril de 2020
miércoles, 29 de abril de 2020
Método ABN
![]() |
| INFORMACIÓN |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























