-->

lunes, 30 de marzo de 2020

TEMPO PARA SEMENTAR!







































Estamos tendo un tempo perfecto para que aqueles que teñades un pouco de terreo poidades plantar e pasar tempo pola horta. Así o fai Iker, que nos plantou unhas fresas que esperamos estean maduras para a volta ao cole.
Os que non teñades plantas, podedes poñer a enraizar lentellas ou garavanzos. Con algodón e un pouquiño de auga teremos unhas plantiñas súper chulas e aos nen@s encantaralle ver o proceso.

domingo, 29 de marzo de 2020

TODO VAI SAÍR BEN

Os nosos arcos da vella son a mellor predición de futuro...

ANIMAIS 3D

Queredes levar de paseo un crocodilo, un tiburón, un tigre,... ou algún outro animal pola vosa casa como fai Héctor?


Pinchade na súa foto e descubride como facelo!
 Espero que vos guste!

DEBUXOS DINOSAUROS


Sodes uns grandes detectives de dinosauros... Eran 9! 
Moooooiiii ben!!


sábado, 28 de marzo de 2020

CONTO: CARAPUCHIÑA VERMELLA




Chegamos ao fin de semana da man de MATEO que nos conta, e moi ben, o conto de Carapuchiña Vermella! Non lle falta detalle!. Veña, que xa falta moi pouquiño para poder achuchar a abuelit@s, prim@s, tí@s;... e por suposto, á profe! 

A tarefa de hoxe é xogar a buscar cousas de cor vermella na vosa casa. Competiredes contra os membros da vosa familia e... a ver quen gana!!

viernes, 27 de marzo de 2020

Avaliación 2º trimestre



 NOTA INFORMATIVA FAMILIAS 
2ª AVALIACIÓN CURSO 2.019/2.020
Estimadas familias,
Atendendo ás últimas instrucións da Consellería de Educación,  o vindeiro 3 de abril publicaranse as notas da 2º avaliación a través da aplicación abalarMóbil. Se algunha familia non a ten instalada, pode descargala desde o seguinte enlace:
Recordade instalar a aplicación no teléfono facilitado ao centro.
Se houbese algún problema coa aplicación e non puiderades acceder ás cualificacións, poñédevos en contacto co titor/a do voso fillo/a por correo electrónico e el enviaravos as notas a través deste medio. Se non dispoñedes desta canle de comunicación, poñédevos en contacto co colexio e trataremos de solucionalo.
Un saúdo e moito ánimo.
A dirección

CONTO: O VIRULÓN COROLÓN


ATENCIÓN, ATENCIÓN!

O axente Paio da División Odd precisa de axuda para unha importante misión.


Agora tócavos facer de detectives a vós e atopar as letras do voso nome na actividade que vos acompaño. Bicoooooosssss...

miércoles, 25 de marzo de 2020

DEBUXOS E MOITO MÁIS!

Pequen@s estou súper orgullosa de todo o que estades a facer nas vosas casas. Vaia debuxos e traballos máis chulos realizades coas vosas familias. É tempo de facer voar a imaxinación... e todos vós o estades a facer XENIAL! Recibo moitas fotos e vídeos que, pouco a pouco, irei colgando no blog! Sodes uns artistas! De novo... Mil grazas!


BOS DÍAS, ALEXIA!


martes, 24 de marzo de 2020

MARTÍN O PALEONTÓLOGO

Hoxe temos un compañeiro moi entendido en dinosauros. 

Saudamos a Martín??



Pois este vídeo vai acompañado de unha pequena tarefa. A ver quen se anima a debuxar un dinosauro e ademais no noso debuxo temos que poñer o número de dinosauros que nos presenta Martín no seu vídeo... Cantos serán? Agora tócavos a vós contar e debuxar! Muacccccc

BOS DÍAS!


lunes, 23 de marzo de 2020

domingo, 22 de marzo de 2020

CONTO: OS TRES PORQUIÑOS

Hoxe temos unha contacontos mooooi especial. 

A ver se adiviñades de quen se trata?






Moitísimas grazas a Iria e a súa familia polo conto; e moitísimas grazas a todos e todas pola acollida e polos debuxos e vídeos que me mandades. Encántame que vos animedes a participar porque de seguro que aos nenos e nenas lles encanta ver aos seus compañeir@s. Espero que algún máis se anime a contar contos, cantar cancións ou simplemente decir unhas palabriñas para os vosos compañeir@s. 

jueves, 19 de marzo de 2020

BENVID@S!





Ola familias! Estamos pasando por días complicados e unha situación que non sabemos o que vai durar. Por este motivo decidín crear este blog, para poder compartir con vós artigos, enlaces e propostas interesantes; así como vídeos e fotos que espero sexan do voso agrado. Un bico enorme para os meus pequen@s e moito ánimo para tod@s!

CONTO: CHIVOS CHIVÓNS


DÍA DO PAI




Este 19 de marzo de seguro será inesquecible. Á volta deste parón esperamos poder retomar ese agasallo que con tanto cariño os nenos e nenas estaban facendo para esa persoa tan especial nas súas vidas.