-->

domingo, 31 de mayo de 2020

DES-Confinando

Hoxe non toca compartir nada de traballo porque o domingo sempre foi día de descanso. Pero sí que é un momento máis que ideal para compartir con todos vós algunhas das marabillosas fotos que me mandades e que tanto me gustan. Espero seguir recibíndoas! 


Espero que vos atopedes ben e mil grazas a tod@s por estar en todo momento aí!

jueves, 28 de mayo de 2020

CONTO: O pirata Pata de Lata


      Os xogos de búsqueda do tesouro, gustan a pequenos e grandes; así que aquí vos deixo unha actividade moi entretida para pasar un bo rato na casa. Pero, mellor gardala para un día de chuvia e, agora que se pode, aproveitar para buscar tesouros nas rúas, praias e campos; pero sempre con moito sentidiño para recuperar pronto a normalidade e poder estar outra vez todos xunt@s! 😘

ACTIVIDADE

miércoles, 27 de mayo de 2020

lunes, 25 de mayo de 2020

ALEXIA: As fases da Lúa

A Alexia debeulle gustar tanto o conto de Lúa que decidiu averiguar cales son as súas fases e o porqué das variacións no seu tamaño. Peppa Pig fixo que se despistase un pouco coa lúa crecente e minguante, pero agora xa o ten clarísimo 😂😂😂!
Queredes ver que traballo tan bonito fixo para explicárvolas? 

Pois aí vai!!


Moitas grazas Alexia!!!

AUDICIÓN E LINGUAXE

A mestra Alba de Audición e Linguaxe do noso colexio propónvos unha serie de recursos que propiciarán a estimulación da linguaxe. É unha orientación para todo o alumnado de Educación Infantil, polo cal non todo se adaptará aos nosos nenos e nenas de 3 anos. Botádelle un ollo e elexide aquilo que máis vos conveña!

Este primeiro lugar, podedes atopar  unha canle de youtube da mestra de Audición e Linguaxe, Eugenia Romero. Nel poderedes atopar vídeos para a correcta pronunciación de determinados fonemas, como por exemplo o /r/; xogos de adiviñar sons ou ordenar letras nunha palabra. 


Tamén vos recomenda dous xogos:
O primeiro é de dados fonéticos para que os nenos e nenas xoguen e practiquen os sons, sobre todo /r/ e /s/.


O segundo é como o "dobble" pero con debuxos de dinosauros. Nel traballamos vocabulario, atención e percepción.


E finalmente, mándavos un documento que ten exercicios moi completos de soplo, praxias, etc. 


Na web do colexio, o Departamento de Orientación tamén dispón de documentos e xogos que poden ser do voso interese. Grazas

jueves, 21 de mayo de 2020

CONTO: A VACA QUE SUBIU A UNHA ÁRBORE

Seguindo a iniciativa da biblioteca do noso cole, os xoves ímolos adicar aos contos.
Hoxe os nosos protagonistas son Antón e o seu irmán Martiño.
 Mirade que bo equipo fan contándonos esta fermosa historia! 


Fantástico chicos, moitas grazas por compartilo con nós!

lunes, 18 de mayo de 2020

FORMAS XEOMÉTRICAS


Os nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida son verdadeiras esponxas de aprendizaxe. Hai algunhas cousas que lles custan máis que outras, pero polo xeral coa axuda de xogos, vídeos e cancións vailles resultar moito máis fácil aprendelas. as figuras xeométricas adoitan estar moi unidas á nosa vida cotiá e o seu aprendizaxe vai axudar moito ao pensamento lóxico-matemático; por iso, hoxe vouvos explicar algunhas actividades que vos axudarán a ensinarlles aos nenos e nenas as diferentes formas xeométricas.


Reconstrución de figuras a través das diferentes formas.
Coñecido dentro de este apartado está o Tangram. E nesta liña gustaríame presentarvos un xogo que nós empregamos moito na casa e que nestas idades adoita gustar moito. De esta maneira, non só aprenderán as figuras matemáticas, senón que tamén fomentará o pensamento creativo e a coordinación óculo-manual.



Este tipo de xogo pódese facer tamén recortando as formas en cartóns ou cartolinas de cores e que eles deixen voar a súa imaxinación creando diferentes figuras.

Xogos interactivos
Na Internet podemos atopar multitude de xogos interactivos con figuras xeométricas. Aos nenos e nenas de hoxe en día encántalles xogar coas novas tecnoloxías, por iso empregar unha tablet ou ordenador (sempre con sentidiño) pode ser un moi bo recurso para motivar aos máis pequenos. Un xogo fácil e divertido á vez pode ser juego Ara y Belbo: figuras geométricas. Aquí atoparemos un trasniño nunha habitación escondido detrás de unhas formas xeométricas. Os nenós terán que arrastrar as formas ata as súas siluetas correspondentes. Así os nenos e nenas desenvolverán a percepción visual e a organización espacial.
Cancións e vídeos infantiles
Como ben sabemos, os nenos e nenas aprenden moito máis rápido coa música. Cancións e vídeos que expliquen as formas xeométricas con rimas e ritmo, propiciarán o seu aprendizaxe. Déixovos unha canción sinxela das principais formas e un vídeo de Pocoyo, que me gusta moito porque traballa as formas na liña do xogo que vos presentei anteriormente.



Actividades plásticas

Unha vez que os nenos e nenas recoñezan as diferentes formas xeométricas, tamén é importante que as plasmen en papel ou calquera outra superficie. Para esto poderase empregar multitude de materiais: con plastilina, rotuladores, pinturas, materiais de refugallo,...
Aparte de todas estas actividades, tamén vos irei deixando no blog un material de reforzo das principais formas a traballar en 3 anos: círculo, cadrado, triángulo e rectángulo.

Bicos para tod@s, de tódalas formas e cores! 😘

domingo, 17 de mayo de 2020

Conto dos Bolechas - Ricardo Carvalho Calero

HOXE FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Ben sabemos que non será coma outros anos, por iso Política Lingüística decidiu ofrecer o libro dos Bolechas adicado a Carvalho Calero en formato dixital, para que as galegas e galegos do mundo enteiro poidan coñecer o autor homenaxeado este ano. Tédelo xa dispoñible no Portal da Lingua Galega 👉https://bit.ly/2WUetAS

lunes, 11 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS

Pois agora que as mamis e os papis xa sabemos máis... é a quenda dos máis pequen@s. Esta semana, festexaremos a Semana das Letras, e, para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero, cada día deixareivos unha actividade, na que ademais de traballar outros conceptos, coñecerán un pouco máis da vida de este autor. A través do enlace podedes atopar toda a programación semanal!


Se queredes podedes facer un pouco de trampas e saltar ata o venres, alí atoparedes actividades súper divertidas clasificadas por idades. Sabedes que me encanta vervos inda que sexa na distancia, así que esta semana podedes aproveitar para mandarme algunha foto co voso conto favorito, algunha actividade de este autor ou simplemente co voso mellor SORRISO! 😊

sábado, 9 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O vindeiro domingo 17 de maio, festexarase o Día das Letras Galegas con homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO. A pesares do confinamento non podemos esquencer este día clave para as nosas letras e para a nosa cultura. Por iso, preséntovos esta actividade de SCAPE ROOM sobre O Misterio da Casa de Ricardo Carvalho Calero elaborado por compañeiras do CPI de Vedra. Esta actividade non vai dirixida aos máis pequerrech@s da casa senón aos máis maiores. Actividade moi entretida e que nos axudará a saber algo máis do autor homenaxeado. Seredes capaces de chegar ao remate??? Xa me contaredes! 😘😘 E apuntade os números, non fagades coma min! 🙈

jueves, 7 de mayo de 2020

XOGOS EN LIÑA

Sabedes que día é hoxe? VENRES!!
(inda que xa todos nos parezan iguais 🙆!).
Para rematar a semana propóñovos unha páxina onde podedes atopar variedade de xogos en liña. Espero que aprendades moito xogando e que vos divirtades un montónnnnnn!!


IMAXINACIÓN FRONTE O COVID-19_Parte III

Disfrutando das pequenas cousas da vida, 
porque un día daranse conta de que eran verdadeiramente
GRANDES!!!


miércoles, 6 de mayo de 2020

LECTO-ESCRITURA _ Letra U

Os mércores ímolos adicar á lecto-escritura e ireille presentando aos nenos e nenas as vogais a través de contos e cancións. Ademais incorporarei un par de páxinas con actividades. Insisto en que son VOLUNTARIAS, e están aí para que botedes man delas sempre e cando queirades!
O REI "U"
ACTIVIDADES

martes, 5 de mayo de 2020

A IMPORTANCIA DO AGARRE DE PINZA

Sodes moitas nais e pais os que me preguntades cando un neno ou nena debe coller ben o lapis.
IMOS ALÁ!
Pois ben, en primeiro lugar, debemos recordar que cada individuo é único; polo tanto, ten os seus propios tempos de evolución e estes deben ser respectados.
Pero teño que dicir que é moi importante nestas idades que aprendan a facer ben a pinza ben sexa collendo os lapis, pinceis, os utensilios de comer, ou outros instrumentos. 
Hai nen@s que teñen un mal agarre ou que cando pintan o fan moi floxiño, sen apenas forza. Fortalecer a musculatura das súas mans vai axudar a un posterior aprendizaxe da escritura, cando teñan que aprender a facer trazos determinados e mais precisos.

Que podemos facer para axudalos a mellorar o agarre de pinza?
Antes de nada, debemos traballar a motricidade fina do neno ou nena. 

domingo, 3 de mayo de 2020

DÍA DA NAI

Charo, Verónica, Ángela, Rebeca, Estefanía, Laura, Berta, Chantal, Yeray, Elena, Lorena, Marina, Cristina, Chus, Genma, Eva, Ana Belén, Carmen, Loli, Bea, Begoña,... 
Esta situación non me vai impedir dicir alto e claro o moito que valedes e que sodes un dos pilares fundamentais para afrontar esta situación. Espero que os meus pequen@s non me fallen e vos demostren hoxe e sempre o moito que vos queren! Feliz día!


viernes, 1 de mayo de 2020

OS MAIOS

Levántate maio
que tanto durmiches,
xa pasou o inverno
e non o sentiches.


Durante o 1 de maio en Galicia as portas das casas, os animais, apeiros de labranza, coches,... aderézanse cunha ramiña de xesta para anunciar a chegada do bo tempo e, a súa vez, a modo de protección contra o mal de ollo e para afastar as influencias negativas. A ver se tamén nos axudan a que este virus se arrede o máis posible de nós.
A "Festa do Maio" representa o comezo do bo tempo e represéntase a través de diferentes estructuras que exaltan a natureza e a primavera. 
“Os Maios” máis famosos son os que se festexan nas provincias de Pontevedra e Ourense. Inda que polo que podedes ver en Rianxo tamén se poden celebrar os Maios facendo colares preciosos. Moitas gracias Alexia por compartir esta bonita actividade con nós! Chic@s espero os vosos bonitos colares unha vez o tempo mellore e podamos ir a recoller flores! Un biquiño moi grande e que maio nos permita saír máis e gozar dos nosos e do noso entorno.