-->

lunes, 18 de mayo de 2020

FORMAS XEOMÉTRICAS


Os nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida son verdadeiras esponxas de aprendizaxe. Hai algunhas cousas que lles custan máis que outras, pero polo xeral coa axuda de xogos, vídeos e cancións vailles resultar moito máis fácil aprendelas. as figuras xeométricas adoitan estar moi unidas á nosa vida cotiá e o seu aprendizaxe vai axudar moito ao pensamento lóxico-matemático; por iso, hoxe vouvos explicar algunhas actividades que vos axudarán a ensinarlles aos nenos e nenas as diferentes formas xeométricas.


Reconstrución de figuras a través das diferentes formas.
Coñecido dentro de este apartado está o Tangram. E nesta liña gustaríame presentarvos un xogo que nós empregamos moito na casa e que nestas idades adoita gustar moito. De esta maneira, non só aprenderán as figuras matemáticas, senón que tamén fomentará o pensamento creativo e a coordinación óculo-manual.



Este tipo de xogo pódese facer tamén recortando as formas en cartóns ou cartolinas de cores e que eles deixen voar a súa imaxinación creando diferentes figuras.

Xogos interactivos
Na Internet podemos atopar multitude de xogos interactivos con figuras xeométricas. Aos nenos e nenas de hoxe en día encántalles xogar coas novas tecnoloxías, por iso empregar unha tablet ou ordenador (sempre con sentidiño) pode ser un moi bo recurso para motivar aos máis pequenos. Un xogo fácil e divertido á vez pode ser juego Ara y Belbo: figuras geométricas. Aquí atoparemos un trasniño nunha habitación escondido detrás de unhas formas xeométricas. Os nenós terán que arrastrar as formas ata as súas siluetas correspondentes. Así os nenos e nenas desenvolverán a percepción visual e a organización espacial.
Cancións e vídeos infantiles
Como ben sabemos, os nenos e nenas aprenden moito máis rápido coa música. Cancións e vídeos que expliquen as formas xeométricas con rimas e ritmo, propiciarán o seu aprendizaxe. Déixovos unha canción sinxela das principais formas e un vídeo de Pocoyo, que me gusta moito porque traballa as formas na liña do xogo que vos presentei anteriormente.



Actividades plásticas

Unha vez que os nenos e nenas recoñezan as diferentes formas xeométricas, tamén é importante que as plasmen en papel ou calquera outra superficie. Para esto poderase empregar multitude de materiais: con plastilina, rotuladores, pinturas, materiais de refugallo,...
Aparte de todas estas actividades, tamén vos irei deixando no blog un material de reforzo das principais formas a traballar en 3 anos: círculo, cadrado, triángulo e rectángulo.

Bicos para tod@s, de tódalas formas e cores! 😘

2 comentarios:

  1. Nora,a Martín gustoulle moito o teu xogo

    ResponderEliminar
  2. Chegounos hoxe o xogo!! Héctor non se cansa de facer figuras!

    ResponderEliminar