-->

miércoles, 29 de abril de 2020

Método ABN

O Método ABN foi creado polo doutor en filosofía e ciencias da educación Jaime Martínez Montero. É un método de algoritmos baseado en números e de ahí deriva o seu nome. Antes de compartir con vós máis actividades de aprendizaxe das matemáticas, gustaríame que lerades esta información, pois de seguro vos dará moitas ideas para facer cos vosos pequen@s na casa e que irán na nosa liña de traballo na aula. 

INFORMACIÓN

martes, 28 de abril de 2020

ELMER: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Partindo do conto que nos presentaron onte Raúl e a súa familia, hoxe preséntovos unha secuencia de actividades. 
Cando contamos o conto de Elmer, ademais de tódalas finalidades e beneficios que pode ter o ler un conto en si,  pretendemos traballar a competencia socio-emocional da habilidade social, é dicir, o respecto polas diferencias e a diversidade.  Elmer é un conto, un pouco, na liña de Por cuatro esquinitas de nada -Todos somos distintos, todos somos iguais-.


lunes, 27 de abril de 2020

CONTO: ELMER

Hoxe, Raúl e a súa familia tráennos unha historia contada dunha maneira moooi particular!
Moitísimas grazas Raúl, Víctor e Rebeca por participar neste blog facendo unha posta en escena tan especial do conto de Elmer.


Os teatros de sombras son un recurso ao que se lle pode dar, como moi ben nos explicaron Raúl e a súa familia, moitas funcións. Si vos queredes iniciar neste recurso,… unha caixa de zapatos ou de galletas e moita imaxinación son materiais máis que suficientes para comezar a súa elaboración!😉

sábado, 25 de abril de 2020

IMAXINACIÓN FRONTE O COVID-19_Parte II

😍😍 Non deixades de sorprenderme!!! 😍😍
Moitas grazas por facer que esteamos xuntos inda que sexa de maneira virtual. De seguro lles dades moitas ideas aos vosos compañeir@s e lles encantará vervos! Mañá xa damos un pequeno paso para moi pronto poder volver a achucharnos!


viernes, 24 de abril de 2020

Lóxica-matemática - Dados

Xogando imos traballar os números de forma divertida. Para as idades dos nosos pequen@s con un dado sería suficiente... Pero non estaría mal que foran adquirindo, case sen darse conta, o concepto da suma ao contar tódolos puntos dos dados xuntos.

Actividade


Déixovos 2 fichas con dous niveis de dificultade. 

Lembrade!!! Todas as actividades que vos propoño son recomendacións, e, polo tanto, a súa realización é voluntaria.

lunes, 20 de abril de 2020

CONTO: POR CATRO RECANTOS DE NADA

Hoxe déixovos unha adaptación do conto "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérome Ruillier. Foi narrado e ilustrado por nenos e nenas de 4 anos do noso colexio.  Por catro recantos de nada é unha historia que fala da aceptación, da superación e da autoestima. Unha fermosa metáfora sobre como se deberían realizar os cambios para a inclusión dos que son distintos na nosa sociedade. 




ACTIVIDADES:
É un conto moi fermoso no que me gustaría que fixerades cos nenos e nenas unha actividade de reflexión:
. Por que Cadradiño non pode entrar cos demais ao cole?
. Como se sentía Cadradiño ao non poder entrar?
. Que fixeron os Redondiños para axudar a Cadradiño?
. Cres que fixeron ben?
Tamén poden facer algunha ilustración do conto, ben sexa a través do debuxo como con un collage utilizando diferentes materiais. Así, ademais de traballar a igualdade e a tolerancia, traballaremos conceptos como as formas xeométricas e as cores.

viernes, 17 de abril de 2020

ACTIVIDADES


Nestes días propóñovos facer cos nen@s as seguintes actividades coa finalidade de traballar o ámbito científico-tecnolóxico: 

 - Poñer a mesa para comer, contar cantos somos e colocar todo o necesario. 
 - Imos a pesar: escoller varios obxectos e elaborar hipóteses sobre cal pesará máis e cal menos. Repetimos a proposta pesando ás persoas da nosa familia e voltamos facer hipóteses e razoamos a resposta. 
 - Escollemos algúns envases pola casa (cartóns de leite, paquetes de galletas, botellas, caixas de xoguetes,...), atopar os números que aparecen neles e escribilos nun papel.

jueves, 16 de abril de 2020

OS TRABALLOS DE MAURO

Encántame recibir os vosos traballos! Pero son tantos, que me resulta difícil publicalos todos. Pero hoxe gustaríame compartir con vós o ben que está a facer MAURO as actividades do blog, entre outras. Parabéns!




Non deixedes de facer cousiñas e compartilas con nós... porque nos fai moita ilusión saber que inda estando separados formamos unha clase xenial!

martes, 14 de abril de 2020

Vídeo: #QUEDAMOSNACASA POR...


Non teño palabras para agradecer os vosos vídeos, e só espero que vos provoque a mesma emoción que me provoca a min.

Non vexo mellor maneira de comezar este trimestre!

Vídeo

lunes, 13 de abril de 2020

COMEZO TERCEIRO TRIMESTRE


Nestes momentos deberiamos estar poñendo os espertadores para mañá, porque despois de uns días de descanso teriamos que estar tornando á rutina da escola cos nosos nenos e nenas. Esas mañás de tensión onde acortamos ao máximo o tempo para deixalos durmir un pouco máis e eles só saben enredar máis ca nunca cos seus almorzos infinitos, esas manchas de última hora, eses peiteados que non saen á primeira,... Momentos de angustia que se o pensamos detidamente gustaríanos volver a retomar agora mesmo.
Pero non pode ser!
O mesmo pasaría na escola. Pero tampouco pode ser! Os corredores e as aulas atoparanse sen berros e gargalladas, sen os nervios que mostran os nenos e nenas por atoparse de novo cos compañeir@s e comigo, sen a ilusión coa que me contan todas aquelas cousas que fixeron durante as vacacións: os agasallos dos padriños, visitas a casa de familiares, aqueles compañeiros e compañeiras que viron no parque, primeiras escapadas á praia, , as procesións,... e por suposto, a Pascua de Padrón. 
Pero todo isto pasará!
Chegarán tempos mellores e volveremos; feridos pero con máis forza ca nunca.
Pois mentres ese momento non chegue, seguiremos facéndoo como ata agora,... porque o estades facendo... 
MOI BEN! 💋

martes, 7 de abril de 2020

Clase de música co... PROFE LUIS

Hoxe outro profe vos quixo dar unha sorpresa e compartir con vós un ratiño de boa música.


Grazas profe Luis... porque con música todo se leva moito mellor! 💪

lunes, 6 de abril de 2020

MASTERCHEF LAIA

Que se vaia preparando Eva Arguiñano que aquí está a súa sucesora... 


Pois xa sabedes chic@s... tócavos facer unha receita tan rica como esta que nos preparou Laia. 💋

RECEITA

sábado, 4 de abril de 2020

IMAXINACIÓN FRONTE O COVID-19

Nas redes podedes atopar moitas ideas para levar a cabo cos vosos nenos e nenas dentro das casas...

Pero desde logo a vosa imaxinación vai máis aló! 😂😂



Grazas por compartir estos fermosos e divertidos momentos con nós!

viernes, 3 de abril de 2020

CONTO: DE QUE COR É UN BICO?

E vós sabedes de que cor son os bicos???
Pois eu coñezo a alguén que volo vai a explicar re-que-te-xenial!

SORPRESAAAAAAA!!!


Grazas profe Carla!!


Actividade

jueves, 2 de abril de 2020

RIANXO EN COMÚN

👍 MOI BOA INICIATIVA!!

BOS DÍAS, DANIELLA!

As novas tecnoloxías non nos deixaban que a nosa compañeira Daniella nos saudara, pero... 
AQUÍ  ESTÁ!!! 
Grazas por compartir os teus traballos con nós! 💖

miércoles, 1 de abril de 2020

CONTO: LÚA

Este conto sabédelo todos e todas moooooi ben, así que quero que o cantedes ben forte con nós. 


E este conto vai asociado a unha súper receita de medias lúas de "hojaldre" como as do conto. Unha receita súper sinxela na que podemos cambiar a manteiga por azucre; e a marmelada por unha crema de chocolate, ou mesmo sen recheo! Unha receita de rechupete para a merenda!


Preme aquí

                                                           

Son as 8!!! Aplaudimos???

      Que esta pequena "Revolución dos balcóns" ademais de romper coa monotonía das tardes, nos axude a unirnos moito máis como sociedade. Aplausos que cada quen llos pode adicar no seu pensamento a quen considere, desexe ou máis bote de menos neste confinamento. O meu aplauso de hoxe vai por vós, pequen@s, pola vosa paciencia para afrontar os días con imaxinación e risas infinitas.

Grazas Laura polos teus saúdos e os teus bicos!!!



 Pois claro que todo vai saír ben!😘