-->

lunes, 20 de abril de 2020

CONTO: POR CATRO RECANTOS DE NADA

Hoxe déixovos unha adaptación do conto "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérome Ruillier. Foi narrado e ilustrado por nenos e nenas de 4 anos do noso colexio.  Por catro recantos de nada é unha historia que fala da aceptación, da superación e da autoestima. Unha fermosa metáfora sobre como se deberían realizar os cambios para a inclusión dos que son distintos na nosa sociedade. 




ACTIVIDADES:
É un conto moi fermoso no que me gustaría que fixerades cos nenos e nenas unha actividade de reflexión:
. Por que Cadradiño non pode entrar cos demais ao cole?
. Como se sentía Cadradiño ao non poder entrar?
. Que fixeron os Redondiños para axudar a Cadradiño?
. Cres que fixeron ben?
Tamén poden facer algunha ilustración do conto, ben sexa a través do debuxo como con un collage utilizando diferentes materiais. Así, ademais de traballar a igualdade e a tolerancia, traballaremos conceptos como as formas xeométricas e as cores.

4 comentarios:

  1. Ai unha voz que conocemos moi ben ��,xa sabíamos deste conto jeje

    ResponderEliminar
  2. Encantounos o conto, gracias!!!!

    ResponderEliminar
  3. A Inés gustoulle moito o contó!!!

    ResponderEliminar
  4. E de que me sona a min este conto.... 🤔 😂
    Gustounos moito cando se fixo e a Alexia gustoulle moito tamen ahora....
    Encantame.... 😍

    ResponderEliminar