
Nestes momentos deberiamos estar poñendo os espertadores
para mañá, porque despois de uns días de descanso teriamos que estar tornando á
rutina da escola cos nosos nenos e nenas. Esas mañás de tensión onde acortamos
ao máximo o tempo para deixalos durmir un pouco máis e eles só saben enredar
máis ca nunca cos seus almorzos infinitos, esas manchas de última hora, eses
peiteados que non saen á primeira,... Momentos de angustia que se o pensamos
detidamente gustaríanos volver a retomar agora mesmo.
Pero non pode ser!
O mesmo pasaría na escola. Pero tampouco pode ser! Os corredores e as aulas atoparanse sen berros e gargalladas, sen os nervios que mostran os nenos e nenas
por atoparse de novo cos compañeir@s e comigo, sen a ilusión coa que me contan
todas aquelas cousas que fixeron durante as vacacións: os agasallos dos
padriños, visitas a casa de familiares, aqueles compañeiros e compañeiras que
viron no parque, primeiras escapadas á praia, , as procesións,... e por
suposto, a Pascua de Padrón.
Pero todo isto pasará!
Chegarán tempos mellores e volveremos;
feridos pero con máis forza ca nunca.
Pois mentres ese momento non chegue,
seguiremos facéndoo como ata agora,... porque o estades facendo...
MOI BEN! 💋
Gracias Lourdes!! Moito ánimo para vos tamén!
ResponderEliminarGrazas de parte de Laura por ese "poema tan bonito" pois comenteille estas palabras túas e que 'te quere moito'... Moitas grazas e a ver se se despexa algo o horizonte estes días...
ResponderEliminarSaudiños