-->

sábado, 10 de julio de 2021

Aniversarios verán: Martín e Mauro

    E como o mal tempo parece que agora nos dá un pequeno respiro, que mellor que un pouco de música de verbena para encher de ledicia estas vacacións e para achegarvos a celebración que fixemos no cole dos aniversarios de Martín e Mauro que en xullo e agosto cumplen os seus 5 anos.

       PARABÉNS  PEQUENOS!

viernes, 2 de julio de 2021

FIN DE CURSO

    Inda quedándome pendente o video dos aniversarios do verán, non quería que pasara máis tempo sen facer o meu pequeno homenaxe aos meus pequenos heroes e heroínas polo gran curso que levaron a cabo e a súa responsabilidade; e, por suposto, desexarvos a todos e todas unhas moi felices vacacións máis que merecidas!


 

 VÉMONOS MOI PRONTIÑO!

domingo, 13 de junio de 2021

Aniversarios maio: Celia, Marcial, Nicolás e Paio

 O MAIO

Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Manuel Curros EnríquezAires da miña terra

    E co primeiro domingo de maio recordamos as nosas nais, a esas persoas imprescindibles nas nosas vidas e as que tanto queremos. Vai pasando o mes e chegamos ao 17 de maio para homenaxear a outra mamá, pero neste caso a de Darío, Xela Arias. Muller, poeta, tradutora, editora e docente a que neste ano 2021 se lle adicou o Día das Letras Galegas. Co bo tempo que nos acompañou, puidemos gozar moito do horto escolar e do descubrimento de moitos recunchos do noso patio. Na aula seguimos traballando co centro de interese do "espazo", que nos encanta, e que probablemente teremos que seguir ampliando no vindeiro curso. E, neste mes, o Club de Ciencia do cole organizou actividades moi interesantes na biblioteca que nos permitiron xogar, fedellar e experimentar. Por suposto, como cada remate de mes, festexamos os aniversarios de catro dos nosos pequenos-grandes heroes.

                      PARABÉNS!

sábado, 15 de mayo de 2021

Día da familia

Hoxe , día 15 de maio, festéxase o día da familia. Temos que ser conscientes de que o modelo de familia tradicional vai cambiando, pero o que nunca poderá cambiar será o respecto e o amor; elementos que farán a cada familia especial e única.

Feliz día!

lunes, 10 de mayo de 2021

Aniversarios abril: Laura, Daniella e Antón

    Durante o mes de abril seguimos traballando en actividades relacionadas co universo e coa primavera. Tamén festexamos o "Día do Libro" e, por suposto, as 5 "primaveras" de Laura, Daniella e Antón. 

                PARABÉNS!

domingo, 25 de abril de 2021

Aniversarios marzo: Héctor, Mateo e Tábatha

     Co mes de marzo dá comezo a primavera, estación na que os días son máis longos, vai mellor tempo e podemos pasar máis tempo fóra da casa e do colexio. É un mes importante porque nel festexamos, entre outros, o "Día da Muller", "Día da Poesía e do Teatro", "Día mundial do Clima" e o día no que recordamos dunha maneira especial a esa persoa tan importante que comparte o noso día a día.

    Este ano co remate do mes de marzo tamén demos por despedido o segundo trimestre; con moita ilusión de seguir compartindo tempo xuntos na realización de unha e mil actividades e, por suposto, por seguir festexando que os nosos pequenos e pequenas da aula de 4 anos A se van facendo maiores.

                      PARABÉNS!

viernes, 23 de abril de 2021

23 de abril: Día do Libro

"En abril libros mil, 
e o resto do ano todos os que queiran vir"

    Porque nunca algo tan pequeno como a lectura de un conto supuxo uns beneficios tan grandes nos nenos e nenas: Mellora a súa concentración, aumenta o vocabulario, aprenden sobre o mundo que lles rodea, relaxa o corpo e a mente, é unha forma sa de entretemento, desenvolve a empatía, exercita e mellora a súa imaxinación, e ademáis, é 

DIVERTIDÍSIMO

PREME NA IMAXE PARA VER O CONTIDO

sábado, 27 de febrero de 2021

24 de febreiro: Día de Rosalía

    Cada ano por esta data conmemórase o Día de Rosalía, a nosa escritora galega máis representativa, sempre en permanente actualidade e cuxa obra trascende as fronteiras universais. Unha muller reivindicativa e loitadora, que nunca deixou de defender a figura da muller, da nosa terra e da nosa fala. 
    Na aula, traballamos a canción de "Rosalía Pequeniña" de Uxía e fixemos un "collage" dunha Rosalía soñadora, o cal acompañamos do poema da autora: 

 "É feliz o que soñando, morre. 
Desgraciado o que morre sen soñar"

domingo, 21 de febrero de 2021

ENTROIDO: RIANXO FASHION WEEK

    Este domingo de Piñata damos por rematado este Entroido tan particular e, buscando canción para o vídeo do desfile, detinme na letra dun dos símbolos musicais do Entroido: Celia Cruz e o seu éxito "La vida es un carnaval". E pouco máis teño que engadir... 

Todo aquel que piense que la vida es desigual,
tiene que saber que no es así,
que la vida es una hermosura, hay que vivirla.
Todo aquel que piense que está solo y que está mal,
tiene que saber que no es así,
que en la vida no hay nadie solo, siempre hay alguien.

Ay, no hay que llorar,
que la vida es un carnaval,
y es más bello vivir cantando.
Oh-oh-oh, ay, no hay que llorar,
que la vida es un carnaval,
y las penas se van cantando.
Todo aquel que piense que la vida siempre es cruel,
tiene que saber que no es así,
que tan solo hay momentos malos, y todo pasa.
Todo aquel que piense que esto nunca va a cambiar,
tiene que saber que no es así,
que al mal tiempo, buena cara, y todo cambia.

viernes, 12 de febrero de 2021

Aniversario xaneiro: Ibai

        Co comezo do novo ano toca felicitar ao neno máis maior da nosa clase, o primeiro en cumplir os 5 anos: IBAI. Pero neste mes ademais de seguir traballando a estación do inverno, tamén tocou festexar un día escolar moi importante: O "Día da Paz".                      Aí vai un pequeniño resumo:   

                        

                PARABÉNS IBAI!

                      *Música escollida polo cumpleañero 😂

lunes, 18 de enero de 2021