-->

viernes, 1 de mayo de 2020

OS MAIOS

Levántate maio
que tanto durmiches,
xa pasou o inverno
e non o sentiches.


Durante o 1 de maio en Galicia as portas das casas, os animais, apeiros de labranza, coches,... aderézanse cunha ramiña de xesta para anunciar a chegada do bo tempo e, a súa vez, a modo de protección contra o mal de ollo e para afastar as influencias negativas. A ver se tamén nos axudan a que este virus se arrede o máis posible de nós.
A "Festa do Maio" representa o comezo do bo tempo e represéntase a través de diferentes estructuras que exaltan a natureza e a primavera. 
“Os Maios” máis famosos son os que se festexan nas provincias de Pontevedra e Ourense. Inda que polo que podedes ver en Rianxo tamén se poden celebrar os Maios facendo colares preciosos. Moitas gracias Alexia por compartir esta bonita actividade con nós! Chic@s espero os vosos bonitos colares unha vez o tempo mellore e podamos ir a recoller flores! Un biquiño moi grande e que maio nos permita saír máis e gozar dos nosos e do noso entorno.

2 comentarios:

  1. Que bonitos Alexia! Nos tamen os ibamos facer, pero resulta que temos un conexo como mascota e papounos tooodas as flores, por suposto ahora está castigado na sua xaula. A ver se deixa de chover e imos buscar outras poucas

    ResponderEliminar
  2. Ooohhh bueno todo sea por unha boa alimentacion.... 🤣🤣
    Quedarache super bonito... 😘

    ResponderEliminar