-->

martes, 5 de mayo de 2020

A IMPORTANCIA DO AGARRE DE PINZA

Sodes moitas nais e pais os que me preguntades cando un neno ou nena debe coller ben o lapis.
IMOS ALÁ!
Pois ben, en primeiro lugar, debemos recordar que cada individuo é único; polo tanto, ten os seus propios tempos de evolución e estes deben ser respectados.
Pero teño que dicir que é moi importante nestas idades que aprendan a facer ben a pinza ben sexa collendo os lapis, pinceis, os utensilios de comer, ou outros instrumentos. 
Hai nen@s que teñen un mal agarre ou que cando pintan o fan moi floxiño, sen apenas forza. Fortalecer a musculatura das súas mans vai axudar a un posterior aprendizaxe da escritura, cando teñan que aprender a facer trazos determinados e mais precisos.

Que podemos facer para axudalos a mellorar o agarre de pinza?
Antes de nada, debemos traballar a motricidade fina do neno ou nena. 

E como? 
Aquí vos deixo algúns exercicios que poderiades realizar na casa sen moitas complicacións:
. Xogar con pinzas de tender a roupa: Con elas podemos coller boliñas de papel ou pompóns e transportalos de un sitio a outro. Déixovos un arco da vella que se pode empregar como plantilla para que vaian completando con pompóns ou papeis de cores. Tamén poden enganchar as pinzas unhas a outras e facer formas simples como unha serpe ou un cadrado. Con isto fortaleceremos, sobre todo, os dedos índice e o polgar.

. Xogar a amasar: Con calquera tipo de masa, barro, plastilina,... Facemos boliñas, figuras,... Escondemos pezas dentro dunha bola grande de plastilina e que xoguen a atopala. Así estaremos axudando ao fortalecemento de toda a man.
Tesoiras: Aquí o agarre tamén é importante, pero beneficiará moito a resistencia da man. Podemos comezar con folios, revistas,... e despois ir incrementando os gramaxes a cartolinas ou cartóns finos.
. Xogos de construción: Con eles os peques desenrolan a motricidade fina en xeral e a fortaleza nas mans. Ademais podemos ir incrementando o grao de dificultade diminuíndo o tamaño das pezas.

Pero, non só dependerá de isto! O neno ou nena deberá cumprir con unhas etapas madurativas previas tanto a nivel de manipulación como de percepción e coordinación do seu corpo.
Ademais de estes requisitos, debemos coñecer cal é a evolución na realización de pinzas dixitais e as idades aproximadas nas que isto sucede. Podemos tomar como referencia o seguinte cadro:


Estes son uns datos orientativos, e, como xa dixen nun primeiro momento, vai depender moito de cada neno ou nena. O que imos tentar co noso alumnado de 3-4 anos é orientar unha pinza coordinada e funcional que permita realizar un agarre correcto do lapis para evitar vicios posteriores que poidan desembocar na mala escritura por un mal agarre.
Non obstante, pode ser que algúns nenos e nenas acaden máis tarde esta capacidade e mostran unha maior dificultade debido a alteracións no seu desenrolo ou na mobilidade das súas mans.
Existen moitos instrumentos que facilitan o correcto agarre do lapis. Eu, por exemplo, son moi partidaria nos cursos de 3 e 4 anos de empregar os lapis, rotuladores e ceras con forma triangular. Primeiro comezando por un maior grosor e ir diminuíndoo co paso do tempo.
Por exemplo, agora na aula estabamos empregando os lapis de Stabilo Easygraph que os hai para destros e zurdos e que coas “muescas” que teñen benefician moito o seu bo agarre.

Ademais de estes, existen adaptadores externos tanto para nenos e nenas con alteracións nas súas mans como sen elas. A continuación preséntovos algúns exemplos a través dun vídeo, por si precisarades da axuda de algún, poidades elixir o que mellor se adapte ao voso neno ou nena. Pero é importante coñecer cal é a dificultade que presenta para facilitar o adaptador máis axeitado.
Pero, xa vos digo, que inda que a pinza non sexa perfecta, non hai que preocuparse porque inda dispoñemos de tempo. O importante é non deixarlles que se vicien no tempo en agarres inadecuados.



Espero vos axudaran en algo estas orientacións. Un forte saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario