-->

miércoles, 23 de diciembre de 2020

BOAS FESTAS!

     Estimadas familias, hoxe sería un deses días no que a mañá a pasariamos xuntos vendo unha actuación dos nosos pequenos e pequenas; e, posiblemente, estando atentos á lotería. Pero este ano foi ben diferente e tivemos que conformarnos coa lotería, e espero que polo menos vos tocara algún belisco. Inda que o pasamos moi ben festexando os aniversarios de Erea, Inés e Carlos e xogando a diferentes xogos, eu botei de menos esas cóxegas no estómago porque todo saira ben e porque puiderades difrutar tanto como o facemos nós cando preparamos algo para vós. Pero xa que nos quedamos coas ganas... Que vos parece se recordamos o do ano pasado? A calidade da imaxe é espantosa e non fai para nada xustiza do ben que o fixeron; pero con este vídeo quero despedirme ata xaneiro esperando atoparvos a todos e todas ben e que pasedes unhas boas festas e o 2021 traia consigo moitas máis alegrías.

2 comentarios:

  1. Que ganiñas tiñamos de que houbera festival!! O do ano pasado encantounos!! Boas festas para todos!! E que as personaxes maxicas do nadal, como ti as nombraches, che traian moitas cousas!! Que ti si que eres boa!! Non podemos ter unha profe mellor que a profe Lourdes!!

    ResponderEliminar
  2. 💗 non deixas de sorprendernos!!!

    ResponderEliminar